VideoScribe Help

Topic not covered?

Start a new topic

Miña Santa Margarida

Miña Santa Margarida,
¿con quén te hei de comparare?
Coma ti non vin ningunha
nin na terra nin no mare.

Coma ti, Santa bendidta,
tan garrida e tan presiosa,
nin brilóu ningunha estrela,
nin se abréu ningunha rosa.

Nin luceiro, nin diamante,
nin luniña trasparente,
luz vertéu máis cariñosa
que o teu rostro relucente.

Nin as froles do xilmendro,
nin a rosa purpurina,
nin as neves da montaña,
nin fulgor da mañanciña;

nin alegre sol dourado,
nin corrente de augua pura,
miña Santa Margarida,
che asemella en hermosura.


¿Con quén te hei de comparare,
miña Santa Margarida,
si ti foche ánxel de amore
polos anxes escollida?

Sólo a Virxe é máis hermosa
que eres ti, bendita Santa,
i o teu rostro pelegrino
ó temido demo espanta.

De ti vivo namorada,
en ti penso con fervore,
que eu ben sei que che contenta
este puro e santo amore.

¡Quén poidera...! ¡Quén poidera
xunta ti vivir segura,
manantial que mel derrama,
pura fonte de ternura!


Login to post a comment